InicioOccidentalO Goberno elude pronunciarse sobre a planta hidroeléctrica que ameaza á Mariña

O Goberno elude pronunciarse sobre a planta hidroeléctrica que ameaza á Mariña

Afectaría aos concellos do Valadouro, Alfoz, Cervo, Xove e Ourol

Publicada o

- Advertisement -

O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, non quixo avanzar nada sobre o estado da avaliación do proxecto para a instalación dunha central hidroeléctrica na Mariña, que afectaría a cinco municipios: O Valadouro, Alfoz, Cervo, Xove e Ourol. A este respecto, lembrou que calquera proxecto que se presenta, “do tipo que sexa” ten que pasar por diversos procesos de avaliación, nos que se estuda a súa viabilidade técnica, económica, social e ambiental, entre outros factores.

Sobre este último punto subliñou que non “adoita” adiantar resultados para “non sementar dúbidas” respecto do proceso. Morán tamén se referiu a a reunión que manterá tamén este xoves coa plataforma POEM (de afectados os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo) e a outro posible proxecto no Golfo Ártabro.

Sobre isto, o secretario de Estado limitouse a dicir que o que o proceso de ordenación do espazo marítimo aberto agora, “non determina que actividades se desenvolverán en cada unha das zonas nas que se divide o espazo operativo, senón que posibles actividades poderían situarse”. “Nese proceso incorpóranse, para a elaboración destes mapas –que é o que resumiu Morán o proceso–, factores que imposibilitan actividades concretas”, explicou. Con todo, insistiu, todos os proxectos son sometidos a fases de avaliación ambiental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...